sábado, 12 de abril de 2025

EDUCAR NAS REDES SOCIAIS

 O pasado xoves día 10 de abril, Irene Iglesia e Marcos Regueiro, membros do equipo directivo do centro, impartiron unha formación sobre o uso seguro e responsable das redes sociais que levaba por título “Educar no uso das redes sociais”. O encontro estivo dirixido ás familias do alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, pois aínda que a esas idades os nenos e nenas non poden legalmente empregalas (na actualidade a idade legal de acceso é de 14 anos, malia que a lei pretende subila a 16 anos),  é necesario que as súas familias teñan información suficiente para saber como enfrontarse ao seu uso máis adiante. 

Os temas tratados durante esta formación estiveron orientados cara tres aspectos fundamentais, a adición e dependencia das mesmas, os seus riscos e estratexias para as familias de cara a empregar para facer un uso responsable das mesmas. 

Durante a charla tratáronse aspectos relacionados coa manipulación e control que as redes sociais exercen sobre os rapaces e rapazas proporcionando recompensas varias ou a través das continuas notificacións que dificultan a desconexión das mesmas. Tamén se falou acerca dos riscos e perigos que entraña o anonimato e as falsas identidades que se poden crear para achegarse aos menores ou a excesiva difusión de información privada sen ter en conta as consecuencias de ditas accións. Finalmente detectar signos como os cambios de humor ou a falta de descanso son indicadores dun uso excesivo das redes sociais, ante os que debemos estar alerta para tomar as medidas oportunas canto antes. Neste sentidoo control parental, a xestión do tempo de uso ou a frecuencia e o establecemento de normas claras e límites son estratexias fundamentais para evitar un uso irresponsable das mesmas. 

Ao remate da presentación houbo un pequeno faladoirocon café incluído, onde as familias puideron dar a súa opinión e preguntar as súas dúbidas con relación a este tema que tanta preocupación suscita xa antes de iniciarse nelas. 

Dende “Mergúllate” damos as grazas a todas as familias participantes e esperamos fora do seu agrado e contribuíra a incrementar o seu coñecemento e formación de cara ao axeitado desenvolvemento da identidade dos seus fillos e fillas.  






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

EDUCAR NAS REDES SOCIAIS

  O pasado xoves día 10 de abri l, Irene  Iglesia  e Marcos Regueiro, membros do equipo directivo do centro, impartiron unha formación sobre...