O pasado martes, 10 de decembro, Ramón Peña, Garda Civil e” Técnico en Adicciones” pola Universidade de Valencia, deu unha charla no centro para as familias do alumnado de Educación Secundaria, enmarcada denro do Plan Director. O tema principal foron as adicións, tanto as debidas ao consumo de substancias como as relacionadas con actitudes e comportamentos. Deste xeito abordáronse as adiccións relacionadas coas drogas, alcohol e tabaco, así como as relacionadas co uso de dispositivos electrónicos, centrando a atención no uso dos videoxogos. Tamén tratouse o tema das bebidas isotónicas, tan de moda neste momento, e que producen efectos moi importantes sobre a saúde dos menores, alterando os ciclos de soño e descanso, provocando alteracións no funcionamento do aparato respiratorio e circulatorio, pero tendo consecuencias máis graves cando se xuntan con outra susbtancias como drogas ou alcohol. Ramón incidiu spbre os efectos sobre a saúde dos rapaces e rapazas, aínda en proceso de maduración, así como no aspecto económico, xa que soe conlevar gastos importantes para as familias, aínda que moi especialmente no tempo que os xóvenes dedican a estas actividades en detrimento doutras máis beneficiosas e saudables.
As familias asistentes desfrutaron tamén dun petisco ao remate da charla e puideron conversar con Ramón sobre cuestións máis persoais.
Resultou moi interesante e sobre todo moi necesaria para coñecer máis aos rapaces e rapazas nesta etapa da súa vida tan especial.
Dende o centro queremos agradecerlle a Ramón a súa colaboración e atención, así como ás familias participantes. Esperamos fóra do seu agrado e lles proporcione ferramentas para axudar aos seus fillos nesta etapa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.