sábado, 12 de abril de 2025

EDUCAR NAS REDES SOCIAIS

 O pasado xoves día 10 de abril, Irene Iglesia e Marcos Regueiro, membros do equipo directivo do centro, impartiron unha formación sobre o uso seguro e responsable das redes sociais que levaba por título “Educar no uso das redes sociais”. O encontro estivo dirixido ás familias do alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, pois aínda que a esas idades os nenos e nenas non poden legalmente empregalas (na actualidade a idade legal de acceso é de 14 anos, malia que a lei pretende subila a 16 anos),  é necesario que as súas familias teñan información suficiente para saber como enfrontarse ao seu uso máis adiante. 

Os temas tratados durante esta formación estiveron orientados cara tres aspectos fundamentais, a adición e dependencia das mesmas, os seus riscos e estratexias para as familias de cara a empregar para facer un uso responsable das mesmas. 

Durante a charla tratáronse aspectos relacionados coa manipulación e control que as redes sociais exercen sobre os rapaces e rapazas proporcionando recompensas varias ou a través das continuas notificacións que dificultan a desconexión das mesmas. Tamén se falou acerca dos riscos e perigos que entraña o anonimato e as falsas identidades que se poden crear para achegarse aos menores ou a excesiva difusión de información privada sen ter en conta as consecuencias de ditas accións. Finalmente detectar signos como os cambios de humor ou a falta de descanso son indicadores dun uso excesivo das redes sociais, ante os que debemos estar alerta para tomar as medidas oportunas canto antes. Neste sentidoo control parental, a xestión do tempo de uso ou a frecuencia e o establecemento de normas claras e límites son estratexias fundamentais para evitar un uso irresponsable das mesmas. 

Ao remate da presentación houbo un pequeno faladoirocon café incluído, onde as familias puideron dar a súa opinión e preguntar as súas dúbidas con relación a este tema que tanta preocupación suscita xa antes de iniciarse nelas. 

Dende “Mergúllate” damos as grazas a todas as familias participantes e esperamos fora do seu agrado e contribuíra a incrementar o seu coñecemento e formación de cara ao axeitado desenvolvemento da identidade dos seus fillos e fillas.  






miércoles, 11 de diciembre de 2024

FALEMOS SOBRE ADICCIÓNS NA ADOLESCENCIA






 O pasado martes, 10 de decembro, Ramón Peña, Garda Civil e” Técnico en Adicciones” pola Universidade de  Valencia, deu  unha charla no centro para as familias do alumnado de Educación Secundaria, enmarcada denro do Plan Director. O tema principal foron as adicións, tanto as debidas ao consumo de substancias como as relacionadas con actitudes e comportamentos. Deste xeito abordáronse as adiccións relacionadas coas drogas, alcohol e tabaco, así como as relacionadas co uso de dispositivos electrónicos, centrando a atención no uso dos videoxogos. Tamén tratouse o tema das bebidas isotónicas, tan de moda neste momento, e que producen efectos moi importantes sobre a saúde dos menores, alterando os ciclos de soño e descanso, provocando alteracións no funcionamento do aparato respiratorio e circulatorio,  pero tendo consecuencias máis graves cando se xuntan con outra susbtancias como drogas ou alcohol. Ramón incidiu spbre os efectos sobre a saúde dos rapaces e rapazas, aínda en proceso de maduración, así como no aspecto económico, xa que soe conlevar gastos importantes para as familias, aínda que moi especialmente no tempo que os xóvenes dedican a estas actividades en detrimento doutras máis beneficiosas e saudables.





As familias asistentes desfrutaron tamén dun petisco ao remate da charla e puideron conversar con Ramón sobre cuestións máis persoais.



Resultou moi interesante e sobre todo moi necesaria para coñecer máis aos rapaces e rapazas nesta etapa da súa vida tan especial. 

Dende o centro queremos agradecerlle a Ramón a súa colaboración e atención, así como ás familias participantes. Esperamos fóra do seu agrado e lles proporcione ferramentas para axudar aos seus fillos nesta etapa.

 



lunes, 19 de junio de 2023

FESTA FIN DE CURSO ANPA

O equipo de Mergúllate estivo presente na marabillosa festa do pasado venres organizada pola ANPA facendo unha exposición de fotos coas lembranzas vividas ao longo deste curso coas familias e con todas as etapas. Tamén houbo un espazo para todo o que quixera, puidera darle like aos mellores momentos vividos, escribindo as experiencias máis positivas. 
Para setembro arrincamos de novo!
Sempre xuntos!!
Grazas a todos polo voso compromiso! 
















viernes, 2 de junio de 2023

DÍA DA BICI

 Hoxe celebramos o Día da bici no cole e algunhas familias acompañáronnos nesta xornada tan especial. Moitísimas grazas aos que vos animastes a pedalear connosco!














viernes, 31 de marzo de 2023

STA Mª EUGENIA E MARATÓN

 Este ano a celebración de Sta Mª Eugenia tivémola que dividir en dous días xa que o día 10, debido á climatoloxía non foi posible realizar o tradicional maratón. Hoxe, día 31, puidemos completar a festa xuntos.

Moitísimas grazas a todos por acompañarnos estes dous días de celebración. Sempre é un pracer contar convosco e saber que vos temos preto. Felices vacacións!



















EDUCAR NAS REDES SOCIAIS

  O pasado xoves día 10 de abri l, Irene  Iglesia  e Marcos Regueiro, membros do equipo directivo do centro, impartiron unha formación sobre...